top of page

 

TEMOS UNHA IDEA BRILLANTE

 

A un dos alumnos de cinco anos, ocurreuselle realizar unha película sobre a Prehistória, a todos nos pareceunos unha gran idea. Comezamos a pensar como poder levar a cabo esta iniciativa.

 

  • Contámosllo á profe May e díxonos que na aula de 5º de Primaria, os alumnos  participan no proxecto de " Cine en Curso"Hoxe teñen unha sesión co cineasta “Ángel”.

  • Fomos a clase de música retomamos a idea e debatimos e pensamos que poderiamos preguntarlle o cineasta. As nosas preguntas foron:

  • Como se fai unha película?

  • Como se fan os personaxes?

  • Invitámolo a que veña á nosa clase?

 

 

Unha vez na clase de 5º, presentámosnos e  comentamoslle a nosa idea de facer unha película da Prehistoria.

Angel  deunos unha chea de consellos para comezar esta nova aventura como cineastas:

 

  • Pensar nunha historia pequeñiña.

  • Os maiores poden axudar a gravar.

  • Os personaxes: debemos pensar diálogos, disfrazarse.

 

Para finalizar a sesión, fixemos unha reflexión sobre os consellos e démonos de conta que coñeciamos unha historia prehistórica, unha historia que aparece nun conto que xa traballamos durante a investigación desta época tan antiga: o conto de “Croniñon”

 

 

 

bottom of page