top of page

UNHA IDEA DE CINE

XUSTIFICACIÓN

Ó longo do curso os alumnos de 5 anos de Infantil estivemos investigando sobre a Prehistoria e  pareceunos que a fotografía e o cine serían uns recursos motivadores, visuais e creativos para presentar a toda a comunidade educativa o noso punto de vista sobre esta etapa histórica realizando un pequeno conto no que representariamos o xeito de vida do home Cromagnon.

 

OBXECTIVOS

 

- Realizar a recollida de información sobre a prehístoria dun xeito visual, empregando os recursos dixitais do centro.

- Crear pequenas pezas audiovisuais en colaboración cos alumnos de 5º de Primaria que comparten con nós a investigación deste tema.

- Valorar os medios audiovisuais como recurso creativo no que se precisa traballar de xeito cooperativo para planificar, crear e deseñar as producións visuais.

 

COMPETENCIAS CLAVE

 

  • Comp. Dixital.

  • Comp. Social e Cultural.

  • Comp. Lingüística

 

 

INDICADORES DE AVALIACIÓN DO CURRÍCULO

-Sente curiosidade por achegarse ao coñecemento de sucesos relevantes da historia.

-Recoñece a utilidade da cámara fotográfica e de video como ferramenta creativa e de expresión.

-Valora e respecta as producións dos compañeiros e compañeiras.

-Maniféstase integrador/a: comparte material, cede ante os conflictos, colabora co resto do grupo...

bottom of page